A Devesa do Leitón



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Chapela

O topónimo A Devesa procede do latín serodio *(TERRA) DEFENSA "terra coutada", "terra ou territorio cercado", e sinala antigas devesas ou grandes fincas pechadas que podían ser as devesas do rei e eran empregadas para a produción de madeira. Noutras ocasións o topónimo A Devesa ten menos pretensións e sinala áreas coutadas máis pequenas, propiedade de particulares. Semella ser un apelido de propietario. Este apelido ten presenza en galego e tamén en Portugal, coa forma Leitão. Tanto o galego Leitón coma o portugués Leitão foron en orixe sobrenomes ou alcumes que parten da acepción de leitón como "cría do porco que aínda mama ou que deixou de mamar hai pouco tempo".