O Pombal



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Chapela

Os derivados do substantivo pomba (do latín PALUMBA) son bastante frecuentes na toponimia galega. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de 40 localidades chamadas (O) Pombal, Pombar, Pombeiro etc. Gonzalo Navaza indica que o uso de pomba quedou restrinxido para falar só das pombas bravas, mentres que para as de cría e as pombas urbanas emprégase o termo do castelán paloma. As denominacións de pombal e pombar refírense a construcións ou edificios onde se recollen e crían as pombas. O microtopónimo O Pombal da parroquia de Chapela fai referencia a un terreo onde posiblemente houbo un pombal.