O Cornido
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Chapela
Semella un derivado do latín CORNU, mais ten un significado controvertido. Tense sinalado que estes nomes poden facer referencia a unha árbore (fitónimo), aínda que Piel indica que moitos dos aparentes derivados deste tema poderían selo dun orónimo CORNU "corno" que faría referencia á composición do terreo. Outros investigadores xa sinalan directamente que en galego non hai palabras que deriven de CORNU "cerdeira silvestre". Navaza indica que palabras como cornido ou corneda están formados a través do sufixo -ETU ou -ETA, aínda que non se pode garantir o carácter fitonímico da raíz, xa que pode haber un significado orixinario oronímico como se mencionou antes. Así pois, O Cornido da parroquia de Chapela pode facer referencia a unha característica do terreo ou, pola contra, a unha árbore.